Noites de Pedra - Tema propio

Perrygoround
por hace 3 semanas


Os presento a miña nova canción, a primeira que fago en galego, e que publiquei hoxe aproveitando que este fin de semana se celebra o día das letras galegas.
A inspiración para a mesma a tiven fai moitos anos, cando iba no autobús ó CUVI (a Universidade de Vigo), preto do cemiterio de Pereiró había una pintada que decía esto (Non Mais Longas Noites de Pedra) e diante da cal pasada todolos días. E cando a lía, dentro da miña testa o facía cantandoa como se o fixese Brian Johnson nun disco dos AC/DC. Cando aprendín a toca-la guitarra, deixei nas miñas notas anotado o riff e a melodía que me imaxinaba para ese estribillo.
Anos mais tarde, cando quixen completa-la canción, decidín ler o poema orixinal de Celso Emilio Ferreiro, para asegurarme de que o que estaba escribindo mantía o espírito orixinal, e incorporei a letra un par de palabras das que usaba él no poema orixinal (o das olladas e os corazóns de pedra).
Algunha vez intentei ensinarlle a idea os compañeiros da miña banda, pero non a entenderon. E quedou acumulando polvo nun caixón virtual.
Unha vez rematadas as 8 cancións coas que din por completado o meu primeiro proxecto musical (“The Tale of the Underdog”), fun ó caixón e rescatei esta idea, que xa estaba casi completa, só faltaba darlle estructura, grabala e os toques finais (os solos de guitarra, e os arranxes).
Para o videoclip, fai pouco vín un vídeo fan-made de Guns & Roses feito con IA en forma de cómic, e gustoume a idea. Entón, decidín facer un cómic que tivese relación coa temática da canción cunha banda de rock, inspirada na que tiña cos meus colegas, escapando de prisión para dar un concerto. Pedinlle a Gemini que xerase os 5 componentes da banda, dándolle unha descripción de 2 liñas de cada un de nós, e a patires de ahí, funlle pedindo que xerase diferentes viñetas dos distintos planos que necesitaba para a historia.
Unha vez tiven todalas viñetas, usei servicios de xeración de vídeos de IA gratuitos, fun subindo as imaxes e pedindolles que as puxesen en movimiento, explicando o mevemento que quería. Como esos servicios gratuitos só dan 5 segundos de vídeo, teñen limitacións na cantidade de vídeo que xeneran se usas unha conta gratuita e que algún saíron mellor e outros peor, fun xerando 3/5 vídeos por día durante un par de semanas, e montando o video por pezas.
Este é o resultado. Seguro que en 6 meses se pode facer mellor 😉
1 respuesta directa
Manuel
por hace 3 semanas
Coño, podías falar castelán.
 Ainda que a cantiga está en galego, creo que o desenrrolo do tema, tería mais sentido se pudiera ser entendido por toda a xente.

    E dícecho un que entende a lingua nai, pero a fala, chega a donde chegan as sus fronteiras, mais aló, debemos falar demaneira que nos entendan. E a miña opinión.
Perrygoround
por hace 3 semanas
#2 Sí, podería falar castelán, pero como quero aproveita-la ocasión para celebra-lo día das Letras Galegas, penso que celebra-lo día das letras galegas en castelán non ten ningún sentido. Ademáis, creo que a maioría dos que falan castelán poden entender o mensaxe en galego perfectamente, e se non poden, existen os traductores ;)
Que o fixen por coherencia, non por molestar, vaia.
¡Moitas grazas por pasarte e perder un pouco do teu tempo en deixar a túa opinión!

P.D.- Se alguén quere contestar en castelán, lle contestarei en castelán, só escribín o fío orixinal en galego polos motivos expostos ;)
Hugo Cris
por hace 3 semanas
#1  
Longa vida ó rock and roll compañeiro!!! Noraboa polo tema!!!

E falando das Letras Galegas, “Longa noite de pedra” é o titulo dun dos meus poemas favoritos, escrito por Celso Emilio Ferreiro.

Apertas!!
Perrygoround
por hace 3 semanas
#4 graciñas! 
o poema que dís foi precisamente parte da inspiración para a canción ;)
Hugo Cris
por hace 3 semanas
#5  
Ti si que sabes!!!
Aquí estou eu ca miña filla honrando tamén as nosas letras!
https://m.youtube.com/shorts/ANiANqmJOVs?ra=m
🤍🩵🤍
Perrygoround
por hace 3 semanas
#6  
unha crack a túa filla!! ponlle paixón! :enamorado:
Nuevo post

Regístrate o para poder postear en este hilo