Ofrécese Guitarrista na Coruña

#1 por andgus el 22/10/2013
Saúdos. Son un guitarrista de Vilagarcía que estuda na Coruña, sempre toquei en grupos da zona da Arousa (Lusco Fusco, Anvidos, Nihil) en estilos coma o folk, o rock e o metal. As miñas preferencias actuais son o hardcore, o punk, o rock, etc. Teño 21 anos e levo tocando desde os 15, considero que teño un nivel medio alto, solvente para facer case de todo agás jazz fusion, djent e movidas súper veloces dese estilo. Son un artista bastante prolífico tanto musicalmente como letrísticamente.

Xa que isto é un anuncio voume gardar a modestia e farei a propaganda que me conveña :D , así digo que quen me dea a oportunidade quedará máis que satisfeito.

Deixo unha ligazón á miña canle de youtube, aínda que creo que non é moita axuda xa que os videos son de fai moito tempo a maioría. Digamos que agora son un 30% mellor que o que se ve nos videos :pesas:

http://www.youtube.com/user/Antuone2/videos

Por amosar un pouco o palmarés: teño compartido escenario con bandas como Ruxe Ruxe, Leo i Arremecághona, Skarface (Francia), Obrint Pas, Brath, Kogito, Quempallou, Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrpgüetto), Nocte (Valladolid), D´Callaos (Barcelona), Gama Soul. Por poñer uns cantos.

Non é mellor o que máis notas toca, senón o que menos necesita

Subir
#2 por andgus el 22/10/2013
UP

Non é mellor o que máis notas toca, senón o que menos necesita

Subir

HILOS SIMILARES

Respuesta rápida

Regístrate o para poder postear en este hilo